"Ibamos pola autoestrada camiño ao aeroporto e, tras parar en varios restaurantes fechados, recomendáronnos este lugar. O sitio en si está moi ben, a comida é boa, as racións son xenerosas, o lugar é moi bonito e, ademáis, teñen opcións para persoas alerxicas e intolerantes. O único motivo polo que non lle dou 5 estrelas é porque íbamos con presa e non foi todo o rápido que nos tería gustado, chegando ao aeroporto con apuro. Tamén hai que dicir que xusto ese día tiñan 2 mesas de grupos grandes, o que puido facer que fosen cun pouco máis de retraso do habitual. Con todo, se vas con tenpo, si que recomendaría o sitio."